As temperaturas volveron rozar os -10º en Ourense

O Val da Limia e o de Lemos amenceron xeados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2019 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

As temperaturas volveron a rexistrar na noite deste domingo valores mínimos no interior galego, que foron especialmente acusados na provincia de Ourense.

Xeada
Xeada | Fonte: Arquivo

Así, o municipio ourensán de Calvos de Randín marcou, un día máis, a mínima da comunidade, con 9,3 graos baixo cero. No entanto, quedouse moi preto a temperatura máis baixa de Verín, tamén en Ourense, con -9,2 graos.

Dentro do interior ourensán, segundo a información de Meteogalicia, rexistráronse temperaturas moi baixas tamén en Xinzo (-7,2ºC) ou Leiro (-6,8ºC), e incluso na capital provincial, onde se baixou dos 4 graos baixo cero.

Ademais do interior de Ourense, as baixas temperaturas tamén afectaron na pasada noite ao interior da provincia de Lugo, con temperaturas de -6 graos en Monforte, -5,6 graos en Ribas de Sil ou Bóveda e -4,6 graos en Sarria.

Tamén na Coruña os valores en negativo regresaron a Ordes (-5,2ºC), a Carballo (-4,2ºC) ou Abegondo (-4,1ºC). Na provincia de Pontevedra, as temperaturas foron moito máis suaves, aínda que tamén houbo valores baixos en Lalín (-4,9ºC), en Ponteareas (-4,5ºC) ou en Cotobade (-2,6ºC).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta