O feminismo organízase desde Galicia contra os ultras de Vox

Ourense acolleu a presentación da plataforma 'Feminismo, nin un paso atrás', que conta co apoio de máis de 65 colectivos. O 15 de xaneiro haberá mobilizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A portavoz da plataforma 'Feminismo, nin un paso atrás' —que foi presentada este mércores no Liceo de Ourense coa presenza de once mulleres de diferentes asociacións—, Vitoria Diéguez, anunciou mobilizacións nas cidades de España nas que esta agrupación teña representación para o próximo 15 de xaneiro co obxectivo de "alzar a voz" e "defender o dereito das mulleres" en contra do movemento do partido político Vox, que conta "coa compracencia" doutras formacións.

Presentación da plataforma  plataforma Feminismo, nin un paso atrás.
Presentación da plataforma plataforma Feminismo, nin un paso atrás. | Fonte: Europa Press

Diéguez destacou que esta nova plataforma, apoiada por máis de 65 asociacións en defensa dos dereitos da muller, "agrupa todo o movemento feminista" para "defender o que xa conquistou durante séculos" ante "un movemento de determinados grupos políticos coa compracencia doutros" que presenta "unha loita contra o terreo" que gañaron as mulleres na preservación dos seus dereitos.

Neste sentido, subliñou a defensa que fai a plataforma das medidas adoptadas contra a violencia de xénero e, en concreto, da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, cuxa anulación se está intentando defender mediante unha lexislación que se di que é en contra da violencia doméstica, que non ten nada que ver coa violencia de xénero".

"A plataforma non vai contestar a cada unha das cousas que se din desde Vox e outras organizacións políticas que o apoian. Vox modifica a realidade falseando os datos. Están a facer unha loita contra a ideoloxía de xénero apoiándose na ideoloxía patriarcal. O feminismo non é unha loita contra os homes, as mulleres feministas queremos garantir e defender o que gañamos en dereitos", reiterou Vitoria Diéguez.

MÍNIMO DE DENUNCIAS FALSAS

Vitoria Diéguez apuntou que "o 30 por cento dos casos de violencia machista non se están denunciando" e destacou que, "de 1,2 millóns de denuncias presentadas por violencia de xénero entre 2009 e 2017, só 96 resultaron falsas", segundo datos da Fiscalía Xeral do Estado, isto é, "o 0,01 por cento".

"As fontes dos datos de Vox e deses movementos políticos non se coñecen. Esta porcentaxe é do 0,001 por cento en 2017, cando se rexistraron dúas denuncias falsas dun total de 166.260. Este movemento en contra das mulleres pretende simplemente desfacer o que o movemento feminista conseguiu na conquista de dereitos. A plataforma alza a voz do feminismo para que non se entenda que o silencio é pasividade e consentimento", comunicou a portavoz.

Así mesmo, Vitoria Diéguez aproveitou a ocasión para deixar claro que o líder de Vox en Andalucía, Francisco Serrano, "foi expulsado da carreira xudicial por cometer un delito de prevarización e ditar unha resolución que era inxusta a propósito que o era contra unha nai".

O NACEMENTO DUNHA "LOITA NOVA"

Pola súa banda, outra das integrantes da plataforma, Laura Seara, que acompañou a Vitoria Diéguez na presentación, avanzou que o feminismo "ten claro" que "empeza unha loita nova polos dereitos das mulleres e por non dar nin un só paso atrás nos dereitos conseguidos durante moitos anos por moitas mulleres e por moitas xeracións".

"Ésta é unha loita histórica, as mulleres levan moitos séculos defendendo os seus dereitos, a súa posición na vida, o seu espazo, a súa independencia e a súa autonomía. Os recentes acontecementos fan que, como en diferentes momentos da historia recente, as mulleres teñan que saír á rúa a defender estes dereitos", engadiu.

Así mesmo, puxo en valor que "mulleres de todos os campos e eidos de toda España" están "con este mesmo manifesto" e "todas a unha defendendo" os seus dereitos e "informando de que haberá a partir de hoxe unha gran mobilización".

"O patriarcado estaba silente, moi calado, pero acaba de rebentar con toda a virulencia coma se quixese exterminar non só o movemento feminista, senón tamén todos os dereitos conseguidos durante estes últimos anos", apuntou Laura Seara.

LECTURA DO MANIFESTO

Finalmente, Vitoria Diéguez procedeu á lectura do manifesto promovido pola plataforma 'Feminismo, nin un paso atras'. "As mulleres fomos secularmente condenadas ao silencio. Por iso, porque aínda temos moi fresco na memoria colectiva o doloroso recordo da nosa palabra secuestrada, non estamos dispostas a quedar mudas ante a choiva diaria de falacias alentada por un partido de ultradereita recentemente chegado á actividade parlamentaria autonómica", comeza o texto.

O documento, de tres páxinas, inclúe varias repulsas ao movemento do partido político Vox, que lle declarou a guerra non só ao independentismo ou á inmigración", senón tamén "ás mulleres, convertidas nos negros desta imitación nacional do Ku Klux Klan que bota consignas de supremacismo masculino".

"A partir de agora, con datas electorais na próxima primavera, imponse a necesidade de que, especialmente as mulleres, polo moito que nos xogamos, exerzamos a nosa responsabilidade democrática e deixemos claro que os nosos dereitos son intocables e que non hai pacto posible con quen defenden nas institucións as pretensións dos violentos. Non imos calar. Nin un paso atrás!", conclúe o manifesto, asinado por máis de 65 colectivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Riuriu

Trola tras trola. El juez Serrano tuvo que ser readmitido en la carrera judicial porque se demostró que había sido objeto de una persecución totalitaria.

1 Carmela Blanco

Mentira, a día de hoxe segue inhabilitado para exercer a carrera xudicial, por prevaricar, nin ten credibilidade ninguna, nin pode dar leccions de ética nin moral

2 Sendo

Defender o indefendible, renunciar a dignidade por defender unha ideoloxia....non se pode caer mais baixo. A dereita é un mantra que cega os ollos e o corazón