Xuventudes Socialistas insta a Feijóo a aclarar se pactaría coa ultradereita

Piden frear a "dereita machista, franquista e fascista".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2019 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

Xuventudes Socialistas de Galicia instaron ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a aclarar se gobernaría con Vox nos concellos e avogaron por frear a "dereita machista, franquista e fascista".

Aitor Bouza, Xuventudes Socialistas de Galicia. XUVENTUDES SOCIALISTAS
Aitor Bouza, Xuventudes Socialistas de Galicia. XUVENTUDES SOCIALISTAS | Fonte: Europa Press

Así o transmitiron na celebración do seu Congreso Nacional Extraordinario, celebrado este domingo en Santiago de Compostela, no que foi elixida por "unanimidade" a Comisión Executiva Nacional que se encargará de pilotar esta etapa de transición durante os próximos meses ata a celebración dos comicios locais e a convocatoria do próximo Congreso Ordinario da Organización.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, agradeceu "todo o traballo realizado" ao responsable saínte, Nabor González, e fixo un recoñecemento á súa "dedicación" e "implicación".

O dirixente socialista explicou que a Executiva escollida este domingo "responde de forma acordada a unha situación excepcional e completamente provisional".

Reiterou que "non hai ningún comezo de etapa nova nin volta ao pasado" e que se inicia "o traballo para activar a maquinaria dunha organización que sae do seu Congreso nacional unida, forte e con ganas de ser o muro de contención á intolerancia e ás infamias políticas da dereita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta