Naturgy pide o peche en 2020 da central térmica de Meirama, que afectará a uns 180 postos de traballo

A empresa herdeira de Unión Fenosa non realizou o investimento previsto de 100 milllóns de euros. "Naturgy fará o posible por favorecer a súa contratación para acometer os traballos de peche e desmantelamento da planta, así como para o desenvolvemento do plan alternativo", suliña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2019 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Naturgy pediu o peche en 2020 da central térmica de Meirama, na Coruña, segundo confirmaron fontes da empresa a Europa Press. A medida afectará a uns 180 postos de traballo, 70 de persoal e uns 100 restantes de auxiliares.

Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa
Central térmica de Meirama en Cerceda, de Gas Natural Fenosa

A compañía comprometeu fai máis de tres anos, en 2015, un investimento de case 100 millóns de euros para adaptar a factoría, pero esa contía nunca se chegou a executar, polo que tampouco se desenvolveron as actuacións de renovación tecnolóxica.

Naturgy rexistrou a solicitude de peche da planta de carbón de Meirama no Ministerio para a Transición Ecolóxica, previa comunicación ao Goberno galego, segundo informa a través dunha nota de prensa. A firma asegura deseñar "un plan de adecuación" para os 77 traballadores de Meirama, que "contempla a recolocación dunha gran parte deles e saídas pactadas para o resto".

En concreto, "case 40 dos 77 empregados", di, "seguirán vinculados á empresa, participando nos traballos de desmantelamento ou sendo situados noutras unidades da compañía". O resto de traballadores "desvincularanse da compañía a través de saídas pactadas". Ademais, afirma, proporá ás empresas auxiliares da comarca "continuar traballando para os novos proxectos renovables de Naturgy que substituirán á térmica".

"FARÁ O POSIBLE"

"Naturgy fará o posible por favorecer a súa contratación para acometer os traballos de peche e desmantelamento da planta, así como para o desenvolvemento do plan alternativo", indica. E é que, para Meirama, Naturgy anuncia un plan polo cal prevé investir uns 80 millóns de euros, nun parque eólico e nun centro avanzado de gas renovable. No comunicado, compromete ademais unha iniciativa "para atraer novos proxectos industriais" ao emprazamento de Meirama, "en colaboración coa Xunta de Galicia".

Precisamente o conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, ao transcender a noticia do peche, reclamou este mércores a Naturgy alternativas para o emprego da central de Meirama, tras acusarlle de "incumprir de novo os seus compromisos con Galicia".

Segundo argumenta a empresa, son "as políticas enerxéticas impulsadas por Europa e España, xunto ao actual contexto de mercado e regulatorio", os que "non permiten a viabilidade económica das centrais de xeración con carbón".

O PLAN ALTERNATIVO

En concreto, o plan "alternativo" que a empresa anuncia para "a zona" é un no que xa se está traballando" e que "constará da construción dun parque eólico adicional en Meirama", cunha potencia que fixa nuns 65 megawatts.

Para rematar, insiste en que o peche se enmarca "dentro dun novo contexto regulatorio medioambientalmente máis esixente, no cal é obrigatorio afrontar novos investimentos para que as plantas poidan continuar funcionando máis aló de 2020".

Ademais, conclúe, "os actuais prezos de mercado, o maior custo de prezo do dióxido de carbono e as taxas ambientais han agravado aínda máis a viabilidade económica destas plantas".

CRÍTICA DOS TRABALLADORES

Por outra banda, comité de empresa da central térmica de Meirama (A Coruña) insta o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "baixar ao terreale e esixir de Naturgy un investimento "suficiente" para manter os postos de traballo. Son 77 empregos, para os que a compañía comprometeu 40 recolocaciones e 37 saídas pactadas.

RESPOSTA DO ALCALDE DE CERCEDA

O alcalde de Cerceda (A Coruña), José García Liñares, lamentou a "moi mala noticia" do peche da central térmica de Meirama para os traballadores e para a comarca. O alcalde avisou da afectación nas contas do Concello, que percibe, segundo os seus datos, 1,3 millóns de euros ao ano, procedentes do IBI (imposto de bens inmobles) e do IAE (imposto de actividades económicas).

En calquera caso, o termo da actividade afectará o segundo dos impostos, non así ao IBI, mentres Naturgy siga sendo a propietaria dos terreos.García Liñares advertiu de que o Consistorio estará "atento" aos plans de "reindustrialización" que anunciou a empresa e tamén "a ver se se implican" os Gobernos central e autonómico.

"RESIGNACIÓN"

Con "resignación" ante o anuncio, recordou que a corporación xa aprobou mocións no pasado, para preguntarse de que serve impulsar algún texto agora. "Que vas aprobar? Que abran? O carbón Europa quéreo arrinconar e iso non se vai a cambiar por moito que queiramos ou por que queira a Xunta", expuxo.

A afectación do peche nas contas municipais terá que ser analizada logo das eleccións municipais de maio. Uns comicios aos que, segundo recordou o primeiro edil do PSOE, aínda non sabe se poderá presentarse, pendente do recurso á sentenza que lle condenou por prevaricación administrativa e fraude.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta