Convocado o XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O premio está apioado Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 14,00 horas do luns 25 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O Colexio profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol convocaron unha nova edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 14,00 horas do luns 25 de febreiro.

O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de "recoñecer e difundir" o traballo dunha persoa viva ou organización existente na defensa da liberdade de prensa, ou cunha "destacada traxectoria profesional, libre e independente"

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículo vitae, realizarase ao correo electrónico premiocouso@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio.

Ata as 14,00 horas do 25 de febreiro poderanse presentar as propostas, que se anunciarán como definitivas o venres 1 de marzo. Entre o 1 de marzo e o 5 de abril, o xurado, composto polos colexiados do CPXG e polos socios do Club de Prensa, poderá votar as candidaturas. O fallo darase a coñecer nunha rolda de prensa e o acto de entrega terá lugar o 3 de maio en Ferrol.

O catorce edicións anteriores foron para Julia Otero (2018), Xosé Hermida (2017), Miguel Anxo Aguilar (2016), Jordi Évole (2015), Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas (2014), Mónica García Prieto (2013), o Consello de Informativos de TVE (2012), Wikileaks (2011), Daniel Anido e Rodolfo Irago (2010), Rosa María Calaf (2009), Vidal Beneyto (2008), Jon Le Anderson (2007), Le Monde Diplomatique (2006) e Ali Lmrabet (2005).

José Couso
José Couso

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta