Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/01/2019 | Actualizada ás 16:40
O xornalista arxentino Martín Chu Li, experto en fútbol ruso, percorreu 25 cidades en España para facer "La ruta del fútbol", unha serie documental sobre o sentimento das afeccións dos clubes máis carismáticos do fútbol español.
Nesa viaxe por estrada parou en Vigo e A Coruña para retratar a rivalidade futbolística entre ambas as cidades. Martín falou con seareiros do Celta e do Deportivo para comprender até que punto pode chegar a paixón nos dous lados e responder a pregunta "Quen é máis grande, Celta ou Deportivo?".
Este é o cuarto episodio da serie documental. Previamente, xa saíron os dedicados a Bilbao, Villareal-Valencia e Sevilla-Betis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.