Haberá que agardar a maio para coñecer as conclusións da comisión de investigación do accidente de Angrois

Comparecerán Ana Pastor e José Blanco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A comisión que investiga o accidente do tren Alvia ocorrido no barrio compostelán de Angrois en xullo de 2013 acordou este luns solicitar unha nova prórroga de tres meses para continuar os seus traballos e prevé ter aprobadas as súas conclusións a mediados do próximo mes de maio.

O acordo foi selado nunha reunión dos membros da Mesa e os portavoces do órgano que preside o deputado do PDeCAT, Feliú Guillaumes, e terá que ser ratificado a próxima semana polo pleno do Congreso.

Este organismo achega do sinistro que se cobrou 80 vidas e deixou a 144 persoas feridas botou a andar o pasado 10 de xullo, case cinco anos despois da traxedia e tras estar meses varada ante a incapacidade dos grupos de porse de acordo sobre quen debía presidila.

PASTOR E BLANCO, NUNHA SEMANA

As comparecencias abríronse co testemuño do presidente da plataforma de vítimas, Jesús Domínguez, e está previsto que finalicen o vindeiro luns, 11 de febreiro, cos do exministro socialista de Fomento José Blanco e a actual presidenta do Congreso, Ana Pastor, responsable do departamento cando tivo lugar o accidente.

En Marea propuxo que se cite de novo ao presidente da comisión de vítimas para que fose el quen pechase as comparecencias, pero PP e PSOE rexeitaron recibilo co mesmo formato, segundo explicaron a Europa Press fontes palarmentarias.

Iso si, os grupos acordaron ofrecer ás vítimas que se o desexan acudan a un encontro dos membros da Mesa e os portavoces da comisión, reunións que, como a deste luns, sempre se celebran a porta pechada. En Marea opúxose a esta proposta porque considera que os afectados deberían comparecer con luz e taquígrafos, como a fixeron o pasado mes de xullo.

Accidente do Alvia en Angrois. EUROPA PRESS - Arquivo
Accidente do Alvia en Angrois. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta