"Lémbrolles que nesa (primeira) resposta pedímoslles que asumisen as prioridades da cidade e que, se pedían perdón por deixala sen tren de alta velocidade, aínda que fóra con 20 anos de atraso, estariamos dispostos a falar", expón a tenente de Alcalde, Carmela Silva.
Cinco concellos do Condado-Paradanta queren acabar co que consideran un erro; a falta de ligazón para unilos directamente coa autovía A-52. Erro, desidia, falta de cálculo ou de orzamentos, o resultado é un documento polo que estas cinco entidades locais fan fronte común para reclamar a oportunidade de reducir tempos en comunicacións viarias e custos para os viaxeiros. Despois de varios anos reivindicando unha solución, consideran chegada a hora de que as autoridades competentes arranxen o que eles ven como un erro.
  comenta   0
Pontón reprochou que "cambian os gobernos, cambian os ministros de Transporte, cambian os inquilinos da Moncloa, pero o que non cambia é a discriminación" con Galicia, mentres os diferentes gobernos do Estado "seguen facendo que os galegos paguen unhas peaxes que son absolutamente abusivas".
  comenta   0
A expresidenta do Congreso e exministra pon así punto final á súa dilatada carreira política e á súa longa traxectoria como membro do Parlamento para incorporarse ao ámbito das institucións profesionais sanitarias.
  comenta   0
As deputadas do Partido Popular, Ana Pastor e Irene Garrido denunciaron este venres a "privatización da sanidade penal en Galicia" e sinalaron que a día de hoxe están vacantes o 60 % das prazas de médicos nos cárceres galegos, segundo confirmou o Goberno central a través dunha resposta a unha pregunta parlamentaria dos deputados galegos do PP.
  comenta   0
O PP apuntou que os traballos que se realizan "non son suficientes", tal e como se pon en evidencia ao ver a "multitude de fochancas e remendos", de maneira que a condución é "molesta e perigosa".
  comenta   0
Tanto o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, como a líder nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixeron este domingo un chamamento á participación nas eleccións e coincidiron en que Galicia se está a xogar o seu futuro.
  comenta   0
Prado: "Votar a partidos que non terán representación é sinónimo de que siga gobernando o partido ao que todo o mundo quere botar"
  comenta   0
Así o subliñou a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, en declaracións aos me.dios este luns durante un paseo electoral polas rúas de Lugo no que acompañou á cabeza de lista pola provincia luguesa ao Congreso, Francisco Conde
  comenta   0
A secretaria xeral o PP galego, Paula Prado, xunto ao presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, e os candidatos ao Congreso e ao Senado da formación (entre eles, Ana Pastor) comprobaron na mañá deste sábado a posta a piques do recinto que este domingo espera recibir, entre cargos, militantes e simpatizantes a unhas 12.000 persoas chegadas desde distintos puntos da xeografía galega.
  comenta   0
Alberto Núñez Feijóo participará xunto a Alfonso Rueda no acto central de campaña do 9 de xullo na praza de touros de Pontevedra
  comenta   0
Feijóo recalará o primeiro fin de semana electoral na praza de touros de Pontevedra, "simboloxía da vitoria" das súas maiorías absolutas
  comenta   2
Formoso quere un 'cara a cara' con Ana Pastor "para falar en clave de provincia e en clave de cidade de Vigo" e porque "a bandonou e maltratou á cidade de Vigo".
Leva ao vicepresidente da Xunta Francisco Conde como 1 ao Congreso por Lugo, o que obriga a que dimita como conselleiro. Rueda di que perde a unha "peza fundamental" do seu executivo.
  comenta   0
Os populares galegos utilizan o mesmo argumentario que os populares en Madrid para desacreditar aos milleiros de cidadáns que se manifestan por unha mellor sanidade pública. "A culpa é de Sánchez", é a principal mensaxe nunha campaña viral que os dirixentes deste partido inician en redes solicias.
  comenta   2
O perito proposto por Avogacía do Estado reivindica a seguridade da rede cun documento que empregou Wikipedia entre as súas fontes.
  comenta   1
Case unha década despois comeza o xuízo que moitas vítimas e familias de vítimas estaban esperando. As contradicións, os intentos de arquivar a causa ou as dilacións en procedementos alimentaron o desexo de "coñecer a verdade". Cartas á UE para evitar informes comprometedores, pactos de silencio, causas que pechan e volven abrir, enxeñeiros que non analizan as consecuencias das súas decisións, todo isto está na causa do Alvia accidentado en 2013 na curva de Angrois.
  comenta   0
Esixen aos exiministros de Fomento, Ana Pastor e José Blanco, que asuman as súas responsabilidades políticas.
  comenta   0
Comesaña, Fabiola García e Ángeles Vázquez saen da cúpula da formación. Reaparece Pedro Puy logo de sufrir un infarto no debate de investidura.
  comenta   0
O conselleiro de Sanidade, que preside este órgano interno, loa o "bo momento" da sanidade galega: "38 anos leva xestionando o PP a sanidade, para ser exactos".
  comenta   0
Chamou a varios baróns ao longo da fin de semana para sumalos ás súas teses de que Casado ten que dimitir. Ten importantes apoios, incluído o da propia Ayuso, coa que tamén falou do seu futuro no PP.
  comenta   0
Caballero afea a Feijóo "mentir" por dicir "que non estaría en 2021" e o presidente ironiza con que "presuma" de que chegue "9 días antes" de 2022.
  comenta   0
Asegura que o tren "non chega desde Ourense a Vigo porque Rajoy, Feijóo e Ana Pastor o pararon"
Esta parada conta cun investimento de 3,6 millóns de euros. O exministro José Blanco resalta que durante o seu mandato se licitaron 4.000 millóns pero "é un éxito de todos".
  comenta   0