Por Galicia Confidencial | Porto do Son | 10/01/2024 | Actualizada ás 22:20
O "Mariñeiro de Galicia, patrón de pesca, agricultor e divulgador", como se define el mesmo na rede social X (Twitter), Rogelio Santos Queiruga, amosase moi crítico coa manipulación e politización que se está facendo da crise dos microplásticos que xa chegaron a máis de 150 praias galegas, especialmente, por parrte da Xunta.
Rogelio, que ademais ten un programa divulgativo sobre o mar na TVG, correxiu á vicepresidenta da Xunta e conselleira de Medio Ambiente que dixo que "animais mariños poden confundir as boliñas con ovas de peixes e inxerilos". "Eu creo que a maioría dos peixes e animais mariños non van facer eso. Os do fondo xa ningún, que son maioría, basicamente porque as boliñas flotan. E os outros, moitos tampouco", sinalou nesta rede soial. Así, quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade sobre a calidade do peixe e marisco de Galicia. "Outra cousa distinta é que esto é malo para eles e para o mar, e polo tanto, para nós. Polo tanto, o que si coincido e con que hai que sacalos, que son malos",engadiu.
Xunta de Galicia, con todo o cariño : no tema dos pellets, a comunicación, organización, e en como se informa nos medios públicos, moi mal. Ás veces raia na vergoña allea. E eu nin son político, nin milito, nin vou en listas electorais. Que a día de hoxe o tema principal sexan…
— Rogelio Santos Queiruga (@QueirugaRogelio) January 8, 2024
Neste sentido, foi moi crítico coa información que se está dando sobre esta crise por parte da Xunta e nos medios públicos, nomeadamente, na CRTVG. "Ás veces raia na vergoña allea. Parece que non existírades. Que a día de hoxe o tema principal sexan excusas e botar culpas, non se alabe aos voluntarios e reconoza, e se lles axude, e non sepamos por comunicación científica oficial rigurosa que composición teñen os pellets, ou se lle reste importancia, tela", apuntou.
"BASTA XA DE TRAPALLADAS"
Así lembrou a información sobre a mina de San Fins e como non se di que contamina, con niveis de Cadmio cen veces por riba do límite legal permitido e os hilillos de plastilina. "Fai 10 días, xa media Galicia estaba sabedora do que estaba pasando por si misma e organizándose. Vós non. Basta xa de trapalladas. E non criminalicedes ir a limpar ou falar do tema, que xa era o que faltaba", criticou.
Tamén destacou o traballo de alcaldes como o de Ribeira ou a Alcaldesa de Muros, que "xa estaban aí, traballando e dando a cara", e, sobre todo, dos voluntarios que "nin están danando as praias, os parques, a fauna salvaxe nin o marisco". "Tampouco se dana cas limpezas, nin informando rigurosamente, nin limpando, a imaxe de Galicia nin os seus marabillosos productos pesqueiros e augas. Honranse cas limpezas, deshonrase cas mans paradas ou con excusas", conclúe.
CRÍTICAS
Non tardaron en choverlle as críticas a través das redes sociais. Algúns temen que perda a súa colaboración na TVG por expresar a súa opinión públicamente. Medios de comunicación como El Debate, vinculado ao PP, ou a ex ministra Ana Pastor criticaron unha entrevista que se lle fixo a Rogelio Santos na TVE por non indicar na mesma que era o irmán da ex lider de Podemos en Galicia. A propia Carmen Santos Queiruga tivo que saír ao paso, tamén na rede social X, defendendo a actividade mariñeira do seu irmán.
Señora Pástor, de verdade parécelle serio que alguén como vostede cite isto? Insinúa que deberan “rotular” en TVE que é meu irmán en vez da súa profesión como mariñeiro? En serio? O problema é que o que di é verdade, porque case 99% que no programa non saben quen son. Vergoña 🤯 https://t.co/vlapvFgNRw
— Carmen Santos Queiruga (@CarmenSantosQ) January 10, 2024
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.