Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2024 | Actualizada ás 18:01
O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a resolución pola que se incorporan ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras tres exemplares situados na Mezquita, Mondariz e Pontevedra, así como cinco formacións de Vilagarcía de Arousa.
En concreto, trátase dun exemplar de rebolo, situado en Santiagoso, na Mezquita, o cal conta cunha altura de 26 metros e un perímetro de 5,05 metros; unha araucaria do pazo de Lourizán, en Pontevedra, con 35 metros de altura e 3,19 de perímetro, e un alcanforeiro do castelo de Sobroso, en Mondariz.
Ademais, outras cinco formacións arbóreas, todas elas no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, únense a esta lista. Entre elas está un conxunto de criptomeria elegantes; unha formación de calocedrus, outra de camelias, unha de magnolias e unha de criptomerias xapónicas.
Con estas novas incorporacións, o catálogo rexistra xa 202 elementos: 155 árbores e 47 formacións de 84 especies distintas por toda a xeografía galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.