Altri e o PPdeG defenden o proxecto industrial en Palas tras a multitudinaria manifestación en Santiago

A multinacional portuguesa lembra que a Comisión Europea aproba o proxecto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2024 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

Greenfiber, do grupo portugués Altri, lamentou que "unha parte da sociedade" teña unha "percepción negativa" do proxecto que quere instalar en Palas de Rei e defendeu a súa "sustentabilidade".

Así o fixo nun comunicado en contestación á multitudinaria manifestación que este domingo acolleu Santiago de Compostela para "rexeitar radicalmente" a fábrica. "Trátase dun proxecto que foi deseñado cos máis altos criterios de sustentabilidade, circularidad e respecto ao medio ambiente, marcados pola normativa europea", asegurou Greenfiber.

Desta forma, indicou que a Comisión Europea "non rexistrou" proba algunha do "incumprimento" da normativa aplicable ao proxecto e mostráronse dispostos a "seguir explicando" o proxecto ás entidades e colectivos que "desexen informarse".

Visita do PP a Altri. PP
Visita do PP a Altri. PP

PPdeG

Tamén a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirmou que o seu partido "seguirá traballando" para que en Galicia haxa industria e emprego e todo iso sexa "respectando o medio ambiente"

"En Santiago houbo esta mañá unha manifestación organizada, fundamentalmente, polo BNG que está instalado no pasado, e que non queren o progreso de Galicia, non queren industria e emprego", asegurou. Ante isto defendeu a postura dos populares galegos que "seguirán traballando" para que "haxa industria sempre respectando o medio ambiente".

Neste sentido, insistiu en que o seu partido "non vai deixar en ningún caso" que se produza unha instalación "que non cumpra" coa normativa nin co medio ambiente. "Nunca imos apostar por unha industria que prexudique a Galicia", asegurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 A peor esquerda de europa

Se o BNG ten probas de que se vai incumprir a lei que as leve a Fiscalía. Se ten probas de que os técnicos que evalúan o proxecto están comprados que os levee a fiscalía. O BNG e os seus satelites que lle están dicindo a cidadanía que non confían nos criterios nin nas leis da Unión Europea. O imperio da lei todo o demáis é demagoxia da barata. Populismo de libro. Por último, da balsa de Alcoa nada.

1 Sentidiño
recente

A escravitude foi legal, e houbo que loitar para que fose ilegal.

2 Xoaquin

Unha vez máis, a Xunta está a primar os intereses dunha soa empresa ao interese xeral dun país. Lamentablemente estas son as politicas de dereitas que están a levar a cabo desde un goberno autonómico corrupto. Pregúntome se o progreso é crear un puñado de postos de traballo á conta dun altísimo custo ecolóxico e paisaxístico.

1 Lagarteiro

Toda unha xuntanza de pirolas