O alcalde de Santiago acusa ao PP de "estar traballando para a extrema dereita"

Di que as "campañas de infamia" de Agustín Hernández contra o concello axudan a que Vox poida entrar no consistorio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2019 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acusou este luns ao portavoz do PP, Agustín Hernández, de ser o "mamporrero da extrema dereita na cidade", a través da súa "campaña de infamia" contra o goberno local.

Así o indicou, en declaracións aos medios, por mor da enquisa electoral publicada este fin de semana por La Voz de Galicia e segundo a cal Vox entraría na corporación municipal tras os comicios de maio.

"Non me sorprende nada", dixo Noriega, que advertiu de que "algunhas prácticas que se instalaron na cidade e maneiras de actuar no campo político institucional" son "caldo de cultivo da extrema dereita".

"Agustín Hernández está a ser o mamporrero da extrema dereita na cidade, e está a traballar para a extrema dereita sen sabelo", aseverou o rexedor, que indicou que, para unha cidade "inclusiva" como Compostela, a entrada de Vox "non lle vai a ser favorable".

Martiño Noriega, que asegurou non crer na "nosa señora das enquisas", indicou que as sondaxes recibidas ata o momento "mostran que o espazo político de Compostela Aberta na cidade está consolidado" e explicou que as eleccións de maio serán entre o "proxecto de cambio" ou unha "volta á dereita, coa súa praxe" que pasa por "facerlle o xogo á extrema dereita en Santiago".

Noriega criticou unha vez máis a "campaña de infamia e de acoso e derrubo" dos populares locais e instoulles a que "non infravaloren aos veciños de Santiago", dado que "lles pode volver na súa contra, como un bumerán".

Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía
Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía | Fonte: Cuatro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta