C's celebra cun gran cocido en Lalín o 5º aniversario en Galicia

A cita ía ser o pasado sábado pero pospúxose pola manifestación "a prol da unidade de España" de Madrid.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/02/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Ciudadanos irá este sábado a Lalín, concello que goberna o galeguista Rafael Cuíña, para celebrar o seu quinto aniversario cun “cocido cidadán”. “A el pode sumarse quen queira” explica o coordinador da formación en Galicia, Laureano Bermejo, que asegura que, polo momento, son 200 as persoas desta formación que xa están anotadas. 

Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista de Barcelona
Albert Rivera, líder de Ciudadanos, na manifestación unionista de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez

A cita celebrase este sábado tras atrasar a data inicial prevista para o pasado domingo debido á convocatoria da manifestación en Madrid pola “unidade de España”.

Por parte da dirección do partido, estará presente todos os representantes do Comité Autonómico nun encontro, sinalou Laureano Bermejo, “no que hai moito que celebrar tras 5 anos de crecemento, implantación e no que faremos piña antes das citas electorais máis inminentes que temos”.

Ademais, suliñou que este partido está “totalmente preparado” para as municipais tras presentar candidatura en 100 concellos e, tamén, para unhas eleccións anticipadas, nas que di que este partido “vai crecer”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Remulo

Alcalde galeguista? Ja,ja. Para comprender lo que pasa en Lalín hay que Los gozos y las sombras