Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/02/2019 | Actualizada ás 16:37
Un home de 66 anos de idade, veciño de Valga (Pontevedra), faleceu este luns ao ser arroiado por un tren á altura do municipio pontevedrés de Catoria. Fontes da Garda Civil de Pontevedra confirmaron que se abriu unha investigación para esclarecer o ocorrido.
Preto do lugar, atopábase o vehículo da vítima, que tiña enganchado un remolque no que portaba unha motoserra.
O punto do accidente, segundo confirmaron fontes do Adif, é un paso a nivel sen barreira, pero con sinal de atención ao tren e de STOP.
Como consecuencia do ocorrido, víronse afectados os 108 pasaxeiros que viaxaban no tren de Vigo ata A Coruña, con saída ás 12,30 horas. O sinistro ocorreu sobre as 13,45 horas ao seu paso por Catoira e provocou varios atrasos máis, mentres que Renfe tiña previsto reiniciar o percorrido do convoi afectado polo atropelo con outro maquinista.
Ademais, quedaron afectados outro tres trens. Por unha banda, os que viaxaban nesa franxa horaria entre A Coruña-Vilagarcía e Santiago-Vigo, os cales foron desviados á liña de altas prestacións. Pola súa banda, o tren de primeira hora da tarde entre Vilagarcía e Santiago foi substituído por un autobús.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.