Entregan 600 firmas na Xunta para esixir a negociación dos postos de traballo do Consorcio de Benestar

Piden a renovación na Xerencia do Consorcio para conseguir que haxa unha xestión de persoal "transparente, eficaz e resolutiva".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

Os sindicatos CCOO e UGT entregaron este luns na Xunta un total de 600 firmas para esixir a negociación da relación de postos de traballo (RTP) do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

Con motivo da entrega de firmas, varias decenas de traballadores concentráronse ante a sede do organismo, no edificio administrativo de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

Segundo explicou CCOO nun comunicado, na protesta os traballadores corearon diversas consignas a través das que esixiron a dimisión do xerente do Consorcio, a quen culpan da situación.

Os sindicatos lembraron que, tras o acordo de integración do persoal do Consorcio no ámbito do convenio único da Xunta, é perceptiva a elaboración desta RPT. Así mesmo, as listas de espera tamén se deben integrar nas listas reguladas polo decreto 37/2006 da Xunta.

Por último, CCOO considerou necesario a renovación na Xerencia do Consorcio para conseguir que haxa unha xestión de persoal "transparente, eficaz e resolutiva".

Edificios centrais da Xunta en San Caetano
Edificios centrais da Xunta en San Caetano | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta