O PP gañaría en Galicia e o PSOE en España, segundo unha enquisa

En Galicia, En Marea sufriría un forte descenso, C's volvería sacar representación e o BNG seguiría sen ningún escano. No conxunto do estado, a ultradereita podería colocarse como terceira forza máis votada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2019 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O PSOE gañaría un escano respecto das eleccións de xuño de 2016, até 7 en total en Galicia (27 % de voto), aínda que o PP seguiría sendo o vencedor con 11 escanos, un menos, e unha porcentaxe de voto do 34,1. Ese sería o resultado das Xerais en Galicia segundo unha enquisa elaborada pola empresa Sondaxe para La Voz de Galicia.

Ademais, En Marea caería de 5 a 3 deputados, cun 17,7 % dos votos, e Ciudadanos conseguiría novamente representación no Congreso, tras o efímero escano acadado nas eleccións do 2015. Pero, esta volta, duplicaría os resultados, con dous escanos, un na Coruña e outro en Lugo, tras facerse cun 10,1 por cento dos votos.

A enquisa realizouse entre o 13 e o 21 de febreiro sobre unha mostra de mil entrevistas para o conxunto de España, cunha marxe de erro do 3% e de 500 entrevistas para Galicia, cunha marxe de erro do 4,47 por cento. En todo caso, non ten en conta a posibilidade de que En Marea se divida en dúas formacións diferentes, nin a posibilidade de que haxa coalicións electorias na esquerda de última hora.

ESPAÑA

Polo que respecta ao conxunto do Estado, o PSOE gañaría as eleccións con 116 escanos (31 máis) e o 28,2 por cento dos votos; mentres que o PP sería a segunda forza con 76 escanos (61 menos) e un 19,3 por cento dos votos.

Os resultados desta enquisa que apuntarían a unha situación de bloqueo político tras os comicios, segundo o diario galego, outorgan a terceira praza a Vox, cunha forte irrupción de 51 deputados e o 14,2 por cento dos votos.

Ciudadanos obtería 40 escanos (8 máis) e o 13,5 por cento dos votos e Unidos Podemos e as súas confluencias caerían á quinta forza con 39 actas (22 menos) e o 14,2 por cento dos votos, segundo a enquisa de Sondaxe.

ERC conseguiría 14 actas (5 máis) e o 3,8 por cento dos votos; o PdeCat faríase con 6 escanos (2 menos) e o 1,7 % dos votos; o PNV obtería 6 escanos (1 máis) co 1,4 por cento das papeletas e EH-Bildu conseguiría 2 escanos (os mesmos) co 0,8 por cento de votos.

El secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba
El secretario general del PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Latorro

Sondaxe comprada por LA Vox de Galicia. Os fascistas La Torre.

2 enxoito

Se non hai Unidade Galega nestas eleccións, daquela hai que botar aos dirixentes todos fora. Por incompetentes. Por non traducir en política a unidade que, de feito, existe na rúa. Se nos manifestamos xuntos, votemos tamén xuntos. A prioridade é unha: FACERNOS RESPECTAR.

1 lóstrego

Unidade con quén nos nega? Ou seña, podemos e PsoE e a entregada anova?

1 Galego

Unidade de en Marea (de Villares)+Bng, se non queremos quedar sen representacion. A fórmula e o de menos, o caso e ir xuntos.

1 Multinick

Votar BNG é tirar co voto ao lixo e favorecer á dereita española.

2 Centroeuropeo

Concordo con Galego. O resto e sectarismo.