Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2019 | Actualizada ás 13:08
O alcalde de Guntín (Lugo), o popular Jesús Carreira, un dos rexedores máis veteranos da provincia, avanzou este luns que renuncia a presentarse á reelección tras 28 anos ininterrompidamente no cargo. Carreira explicou que, na súa decisión pesou, sobre todo, que "xa vai sendo hora" de que deixe "paso" e traballe noutras "cousas" e "deixar a política de lado", abundou.
Esa "dedicación" diríxea cara á familia e valorou o sacrificio que fixo a súa familia nestes sete mandatos e así apuntou que ten "moitas cousas" en que entreterse "e gozar e non estar con preocupacións". O alcalde de Guntín, que é tamén deputado provincial, desmárcase de calquera conflito co partido (o PP) e a dirección provincial, que lidera a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.
Carreira aproveitou para anunciar que fará "campaña" cos populares, "sen complicacións". "Eu se me vou é porque me quero ir. O partido quería que seguise, pero estaba decidido e agora a decisión está decidida", concluíu, para deixar entrever que a candidata dos populares pode ser unha das súas tenentes de alcalde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.