Denuncian a vertedura de cascallos perto dun petróglifo en Marín

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denunciou que este feito afecta a parte das pedras con gravados consistentes nun conxunto de ocos e distintos trazos rebaixados na roca.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/03/2019 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde denunciou este venres, nun escrito dirixido á Consellería de Turismo, a afectación por vertedura de cascallos de obra da área integral de protección do petróglifo prehistórico da Moreira, situado en Marín (Pontevedra).

Este petróglifo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), está datado na Idade de Bronce e ten, segundo os parámetros de investigación, máis de 4.000 anos de existencia.

A vertedura de cascallos, indican, afecta a parte das pedras con gravados consistentes nun conxunto de ocos e distintos trazos rebaixados na roca con probable función de muíños rupestres ou naviculares, que quedaron sepultados debaixo da propia vertedura.

Segundo apuntan, os cascallos parecen levar alí "un longo período de tempo", o que "demostra o lamentable estado de abandono e desprotección do petróglifo". Por iso, reclaman a intervención da Xunta para a súa limpeza e a apertura dun expediente sancionador.

Un colectivo ecoloxista denuncia unha vertedura de cascallos que afecta a un petrogl. LUITA VERDE - Arquivo
Un colectivo ecoloxista denuncia unha vertedura de cascallos que afecta a un petrogl. LUITA VERDE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta