As Xuventudes Socialistas censuran a "ocorrencia" de Casado que "pretende devolver o galego á época franquista"

As mocidades do PSdeG cualifican de "nacionalismo exacerbado e rancio" as propostas do líder do PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2019 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) censuraron a "ocorrencia" do presidente do Partido Popular sobre as linguas por considerar que "pretende devolver o galego á época franquista" en contra da Constitución, do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística.

Pablo Casado durante unha rolda de prensa
Pablo Casado durante unha rolda de prensa

"Non imos permitir que unha lingua oficial e histórica sexa vilipendiada e maltratada por culpa de nacionalismos exacerbados e rancios", advirten as mocidades do PSdeG, que aseguran que os datos da propia Xunta mostran que Feijóo é "un avanzado no ataque" ao galego.

As Xuventudes Socialistas de Galicia lembraron que, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), a principios dos anos 90 o galego era a lingua de uso habitual do 62% dos galegos maiores de 15 anos. Fronte a iso, aseguraron que, a día de hoxe, só o é para un 43%.

Por iso, instaron ao PP e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "deixar de empregar o galego de forma torticera". "Reclamamos un consenso real, firme e serio para situar o galego onde merece e frear a perda de falantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta