Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 15:32
"Creo en España e no meu goberno pero non se pode pactar cun partido que non cree nin en España, nin no país". Así respostou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado ante a posibilidade de asinar un pacto "á alemana" co PSOE. Isto provocaría que o PP, se ten posibilidades de goberno en Madrid, tivera que buscar o apoio de Vox.
Feijóo dixo que o PSOE de Pedro Sánchez "é diferente ao de antes" e "só quere gobernar". Por iso, descartou que poida darse un "pacto de concentración" en España a semellanza do acontecido en Alemaña entre os socialdemócratas e os conservadores. Ata o momento, o único pacto ao que chegou o PP foi con C's e Vox en Andalucía.
Por outra banda, e ante a proposta de C's de presentar listas conxuntas co PP ao Senado, Feijóo dixo descoñecela e foi máis alá. "Nós xa temos a nosa proposta e as listas pechadas", engadiu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.