As mulleres con dispacidade tamén buscan empoderarse

Unha asociación elabora unha guía sobre violencia sexual que busca "concienciar" á sociedade e "empoderar" aos colectivos máis vulnerables.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) presentou en Santiago unha guía sobre a violencia sexual contra nenas e mulleres con discapacidade, un volume de 33 páxinas co que se pretende "concienciar" á sociedade e "empoderar" aos colectivos máis vulnerables.

A presidenta de Acadar, Mónica Álvarez, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron a guía na capital galega ante estudantes de diferentes titulacións do Centro Integrado de Formación Profesional.

Ante o auditorio repleto de mozos, ambas destacaron que son o "motor de cambio para conseguir unha sociedade máis igualitaria e máis xusta". "Coas vosas achegas podemos cambiar o mundo", engadiu Álvarez.

A presidenta de Acadar fixo fincapé na necesidade de "seguir visibilizando a realidade das mulleres e nenas con discapacidade", e subliñou a importancia de "recoñecer os sinais" para "poder abordar o problema".

Mónica Álvarez sinalou que o obxectivo é conseguir "concienciar á sociedade e empoderar ás mulleres e nenas con discapacidade". Na guía, que se pode consultar na páxina web de Acadar, explícanse os diferentes tipos de violencia contra as mulleres, mitos e realidades, así como diferentes indicadores.

A guía sobre a violencia sexual da Asociación de Mulleres Discapacitadas bus
A guía sobre a violencia sexual da Asociación de Mulleres Discapacitadas bus | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta