O custo das pintadas nos trens de Ortigueira ascende a case 3.500 euros

Catro mozos foron detidos a pasada semana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O custo das pintadas nos trens de Ortigueira (A Coruña), pola que foron detidos catro mozos a pasada semana, ascende a un total de 3.484,19 euros, segundo a peritaxe facilitada pola Garda Civil.

Detidos catro novos cando realizaban grafitis en dous vagóns de tren esta. GARDA CIVIL
Detidos catro novos cando realizaban grafitis en dous vagóns de tren esta. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

O Equipo Roca da Compañía da Garda Civil en Ferrol e o Posto de Ortigueira detiveron a catro novos, no marco da denominada 'Operación Decoradores', cando realizaban pintadas en dous vagóns de tren na estación de Ortigueira.

Os detidos son residentes de Madrid, Barcelona, A Coruña e Oleiros, e foron acusados de ser os autores dun delito de danos, tras ser "sorprendidos in fraganti" cando realizaban pintadas tipo grafiti en dous vagóns de tren estacionados.

Os feitos tiveron lugar na estación de trens de Ortigueira e, cando se produciron os feitos, se tiña constancia de tres denuncias polos mesmos motivos.

A Garda Civil sostén que as pintadas neste tipo de medios de transporte "carrexan un alto prexuízo económico para a compañía", xa que para a posta en servizo dos trens "se debe realizar unha limpeza especial que elimine a coloración",

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Ortigueira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antigrafiteiro

Boeno, e que sería terrible que non houbera grafitis. ¿ Podedes imaxinar un mundo sen grafitis? Para os grafiteiros,os grafitis son o centro do universo, e sen eles, a vida non merece a pena ser vivida. Son super super mega guays.