Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2019 | Actualizada ás 18:25
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Federación de Asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental en Galicia (Feafes), José Ramón Girón, asinaron este martes dous convenios polos que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) destinará un total de 102.489 euros para actividades de apoio a enfermos mentais e aos seus familiares e para a formación continua dos profesionais dos centros sociosanitarios.
O primeiro dos acordos ten o obxectivo de desenvolver actividades de formación tanto dos doentes como dos seus familiares. Serán 84.000 euros para financiar cursos, seminarios e congresos ou a realización de xornadas de sensibilización para pacientes, profesionais e coidadores.
Este convenio tamén abarca a difusión de coidados de persoas que padecen trastornos deste tipo persistentes, o asesoramento xurídico a enfermos e familiares e un servizo continuado de estancias alternativas de lecer activo.
O segundo acordo asinado este martes, por unha contía de máis de 18.000 euros, será para, entre outros asuntos, desenvolver un programa de captación e atención precoz a familiares e coidadores nos primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente. Deste xeito, porase á súa disposición a alguén do movemento asociativo e un psicólogo para darlles apoio emocional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.