Feijóo defende as axudas concedidas a XX.AA. durante a presidencia do detido nunha operación contra a prostitución

O presidente galego asegura que o seu executivo foi “moi riguroso” cos controis de Xóvenes Agricultores mentres estaba presidido por Juan Pérez Miramontes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/04/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu o sistema de subvencións outorgados ao sindicato Xóvenes Agricultores, ata a súa disolución e destacou que a Xunta actuou sempre con estricta legalidade en canto a concesión desas axudas.

Rajoy con varios dirixentes do PP, entre os que se atopa Pilar Rojo, Ana Pastor, Xesús Palmou, José Ramón Lete e tamén Juan Pérez Miramontes, detido nunha operación contra a prostitución
Rajoy con varios dirixentes do PP, entre os que se atopa Pilar Rojo, Ana Pastor, Xesús Palmou, José Ramón Lete e tamén Juan Pérez Miramontes, detido nunha operación contra a prostitución | Fonte: ECG-Sanxenxo

Así, e tras coñecerse que o presidente dese sindicato, Juan Pérez Miramontes, que tivo grandes conexións e amistades con líderes do PP, incluído Rajoy, foi detido este mércores nunha operación contra a prostitución, Feijóo insistiu en que, “se hai xente que ten problemas coa xustiza, poi ten que aclaralos”

“Ese tipo de comportamentos son inaceptables”, dixo sobre a suposta vinculación de Miramontes cunha mafia de trata de blancas en Paraguai. “A min me gustaría que ningún galego teña problemas coa xustixa”, engadiu.

Con todo, defendeu as axudas públicas recibidas por ese sindicato durante anos e lembrou que, en canto Xóvenes Agricultores entrou en concurso de acreedores “a Xunta foi notificada e estivo ao tanto de todo”.  Así, lembrou que, de feito, o motivo do peche deste sindicato foi a “rebaixa” de axudas públicas por parte do Goberno galego.

“A Xunta mantivo unha rebaixa das aportacións a este e outros sindicatos durante a crise. E, de feito, por iso tivo que pechar”, suliñou ao tempo que quixo destacar que se o seu goberno tivera “indicios de irregularidades” durante a concesión das mesmas, pois se activarían os protocolos de seguridade e de actuación para corrixir isto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta