A Xunta busca ideas para dinamizar o sector lácteo

A Consellería de Medio Rural constitúe unha mesa co obxectivo de impulsar proxetos de futuro neste sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A mesa que coordinará a estratexia de dinamización do sector lácteo e incluirá medidas para o seu "futuro", constituíuse este venres en Boqueixón (A Coruña) con 40 persoas do sector, Xunta e diferentes entidades.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou que aquí se atopan "todos os elos" do lácteo galego para "falar do futuro" dun sector "estratéxico", que é a "oitava potencia" en Europa. "O rural é un sitio no que se ten que desenvolver actividade económica rendible", deixa claro.

Esta mesa funcionará mediante "mesas sectoriais" baixo a coordinación da Fundación Juana de Vega. Están representados membros da Xunta, as cooperativas, as organizacións profesionais agrarias, a industria, a distribución, a loxística alimentaria, así como as denominacións de orixe de queixos e os propios gandeiros a través das asociacións de control de rendementos (africores).

Entre as medidas propostas que vai avaliar esta mesa destacan a aposta pola mellora da promoción do leite galego, a formación e a reorientación dos procesos produtivos.Tamén se aborda o incremento da base territorial das explotacións, con instrumentos como a futura lei de recuperación e a posta en valor da terra de Galicia, que permitirá crear polígonos agrarios, formados por leiras total ou parcialmente abandonadas.

A mellora dos prezos nos contratos, a promoción da negociación colectiva ou a mellora da xestión dos residuos gandeiros, a través dun plan específico, son outros aspectos tratados neste foro, explica a Consellería de Medio Rural.

A Consellería do Medio Rural constitúe unha mesa polo futuro do sector lácteo. XUNTA DE GALICIA
A Consellería do Medio Rural constitúe unha mesa polo futuro do sector lácteo. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta