Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 19:42
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, lamentouse de que "non se sigan as ordes de prioridades, que a Xunta atenda os seus intereses partidistas e que ademais o faga sen atender os concellos", logo de que o Goberno autonómico propuxese a Ribeira Sacra para a súa presentación ao Comité de Patrimonio Mundial da Unesco, en detrimento do proxecto 'Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración', que agrupa varios castelos e construcións tanto dos arsenais como doutro tipo militares.
O rexedor de Ferrol en Común (FeC) abundou que se "alegra moito" pola Ribeira Sacra, aínda que lembra que o seu goberno "xa ten un plan director e un plan de xestión en camiño", ademais de ser "a candidatura máis veterana incluída na lista da Unesco".
Con todo, Suárez estimou que detrás desta decisión da Xunta está "a valoración de votos de cara aos seguintes comicios", polo que "preferiron apoiar a Ribeira Sacra en detrimento a Ferrol, que levaba moito tempo loitando". "Aquí se ve o peso do PP ferrolán na Xunta: ningún", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.