Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2019 | Actualizada ás 19:19
O certame aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía galego-portuguesa, iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, abrirá o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as vinte (10+10) poesías portuguesas e galegas nomeadas.
Os poemas finalistas galegos son da autoría de: Andrea Nunes e María Rosendo, Carlos Lixó, Celso Fernández Sanmartín, Emma Pedreira, Lara Dopazo, Laura Ramos Cuba, Lucía Aldao, Marta Dacosta, Pilar Pallarés e Susana Sanches Aríns.
Por Portugal resultaron nomeados: Adília Lopes, Alice Vieira, Aurelino Costa, João Luís Barreto Guimarães, José Alberto Oliveira, Marta Chaves, Rosa Alice Branco, Tatiana Faia, Valter Hugo Mãe e Vasco Gato.
As persoas que quixeren participar poderán votar a través da web do certame de Santiago de Compostela, desde as 00:00 h do día 10 de abril até ás 23:59 h do día 10 de maio, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros.
aRi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.