George Greenia, galardoado co XXIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta

O académico e investigador recibirá este galardón pola súa "fecunda traxectoria universitaria, vinculación con Galicia e contribución á difusión internacional do fenómeno xacobeo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O xurado do XXIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, reunido en Santiago de Compostela, decidiu outorgar o galardón ao académico e investigador George Greenia pola súa "fecunda traxectoria universitaria, vinculación con Galicia e contribución á difusión internacional do fenómeno xacobeo".

O académico e investigador George Greenia. GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES
O académico e investigador George Greenia. GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES | Fonte: Europa Press

Ao comunicarlle a decisión, informou o Grupo Compostela de Universidades, o premiado declarou que aceptaba este "xeneroso recoñecemento dos esforzos individuais e institucionais" realizados a través do Instituto de Estudos das Peregrinacións da institución de educación superior William & Mary. Trátase dunha institución con sede na cidade estadounidense de Williamsburg e centrada na "investigación científica das viaxes de transformación persoal en todo territorio, tempo e tradición", indicaron as mesmas fontes.

A cerimonia de entrega do galardón terá lugar o 4 de xuño no marco da XXV Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que este ano acollerá a Universidade de Guadalaxara (México). Nesta cerimonia, concretou a organización, recibirá unha cuncha de ouro, emblema do Grupo Compostela de Universidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta