Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/04/2019 | Actualizada ás 13:03
A Avintia Inmobiliaria iniciou as obras dunha nova promoción de vivendas en Portonovo, no municipio pontevedrés de Sanxenxo, que suporán un custo de 6,5 millóns de euros e que calculan que creará sobre 100 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Segundo un comunicado da empresa, trátase de 33 vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios xunto á Praia Canelas. Pretende entregalas no terceiro trimestre de 2020.
A inmobiliaria do Grupo Avintia sostén que "hai demanda de obra nova" na costa pontevedresa, unha zona que ve "á alza" e que subliña que "aspira a converterse nun destino turístico referente todo o ano".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.