Detido o rapero Pablo Hasél cando volvía do recibimento ao grapo galego Paco Cela Seoane

A plataforma Llibertat Pablo Hásel pide a súa liberación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron sobre as 18,30 horas ao rapeiro Pablo Hásel nun control de tráfico en Benicarló (Castelló), ao comprobar que pesaba sobre el unha orde de procura e captura porque non comparecera nun xulgado, segundo informaron fontes da Delegación do Goberno.

A entidade Llibertat Pablo Hasel informou na súa conta de Twitter da detención, que se produciu cando o rapeiro volvía do recibimento ao histórico preso do GRAPO José Francisco (Paco) Cela Seoane, galego que deixou a prisión valenciana de Picassent tras cumprir máis de 30 anos de condena.

Segundo fontes do instituto armado, Hasél debía comparecer ante o Xulgado do Penal número 1 de Lleida. Fontes consultadas por Europa Press explicaron que a Garda Civil está a tratar de porse en contacto co órgano xudicial para ver se a orde de procura e captura segue vixente.

Llibertat Pablo Hasel convocou unha concentración diante do cuartel da Garda Civil de Vinaròs (Castelló) ao que o rapero foi trasladado, para esixir a súa "liberdade inmediata" e denunciou na súa conta de Twitter "esta nova detención política que evidencia a ausencia de dereitos e liberdades políticas, e máis nun día como hoxe, que se celebra outra farsa electoral".

O rapeiro Pablo Hásel
O rapeiro Pablo Hásel | Fonte: Youtube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta