Buscan a un veciño do Carballiño que necesita tratamento desaparecido desde o luns

O home atópase a tratamento psiquiátrico por depresión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Garda Civil busca a un veciño do municipio ourensán do Carballiño de 48 anos de idade que necesita tratamento e permanece desaparecido desde o mediodía deste luns.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 21,00 horas do luns 29 de abril denunciou no Cuartel da Garda Civil do Carballiño unha muller veciña desta localidade a desaparición do seu marido.

O desaparecido é Xullo González Feijóo, de 48 anos e veciño do Carballiño, que falta do seu domicilio desde as 12,00 horas deste luns e que se atopa a tratamento psiquiátrico por depresión.

O home, que mide 1,70 metros de estatura, vestía a última vez que foi visto pantalón de chándal negro, sudadera azul e zapatillas azuis e grises.

Buscan a un veciño do Carballiño (Ourense) que necesita tratamento desaparecido desde o luns. GARDA CIVIL
Buscan a un veciño do Carballiño (Ourense) que necesita tratamento desaparecido desde o luns. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta