Feijóo apela a "aprender" do 28A e "volver unir o voto" de C's e Vox no PP

Tras a debacle das Xerais, o líder do PP dia agora que o seu partido é "moderado", "galeguista" e "reformista".

Por E.P. | Vimianzo | 11/05/2019 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apelou este sábado a "aprender" a "lección" das eleccións xerais do pasado 28 de abril e, seguidamente, propuxo "volver unir o voto de Cs e o voto de Vox, que foi inútil", no PP, un partido ao que cualificou como "moderado", "galeguista" e "reformista".

Así o expresou o tamén presidente da Xunta durante un mitin en Vimianzo (A Coruña) no que arroupou á candidata popular á Alcaldía, Raquel Rodríguez Amigo. Neste contexto, evidenciou que para que o actual rexedor, Manuel Antelo (de En Marea), continúe gobernando no municipio "pódese votar ás mareas, ao PSOE ou ao BNG".

Por iso, Feijóo fixo un chamamento a facer da súa formación "un amplo proxecto" de "amplo espectro político". "Cando estamos unidos somos máis útiles", suxeriu, xa que deste xeito poderase "seguir construíndo un país de moderación".

O principio da intervención do líder popular estivo marcado por un minuto de silencio pola morte do exvicepresidente do Goberno Alfredo Pérez Rubalcaba.

Mitin en Vimianzo (A Coruña) do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo
Mitin en Vimianzo (A Coruña) do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta