O PP insiste en que votar a C's e Vox é tirar co voto da dereita

Avisa a quen aposte por forzas "minoritarias" nas cidades que o seu voto "pode a ir á esquerda".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O PPdeG fixou como obxectivo para o que resta de campaña electoral cara ás municipais convencer aos cidadáns indecisos e aos que teñen intención de apostar por forzas "minoritarias" do ámbito conservador como Cs e Vox, a quen avisa de que o seu voto "pode marchar a formacións da esquerda" porque estes partidos "non conseguirán representación" nalgúns consistorios.

Así o indicou este luns a viceportavoz parlamentaria do PPdeG, Paula Prado, tras ser cuestionada polas enquisas publicadas polo diario La Voz de Galicia o pasado domingo que reflicten que o Partido Popular non lograría os apoios suficientes para gobernar en ningunha das sete cidades galegas.

Prado, que compareceu en rolda de prensa no Pazo do Hórreo, indicou que, no que queda de campaña, os populares deben "traballar arreo" para convencer "ao 50% de votantes que ou ben din que votarán en branco ou que non o teñen decidido".

"Nestes días todos os membros do partido temos que traballar para explicar a esa xente que o proxecto do PP é o mellor para as súas cidades", resaltou. A continuación, tamén apelou a seducir a aqueles votantes que apostan por outras formacións do ámbito da dereita. Estes "partidos minoritarios", como os definiu Prado, "non lograrán representación" nalgúns consistorios, o que pode facer perder concelleiros ao bloque conservador e darllos ás forzas "de esquerda".

Paula Prado (PPdeG) en rueda de prensa en la sede
Paula Prado (PPdeG) en rueda de prensa en la sede

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta