Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 18:35
Un informe do Ministerio de Facenda confirma que Galicia cumpriu en 2018 todas as regras de estabilidade orzamentaria, tanto co obxectivo de déficit, o límite de débeda pública e a regra de gasto do exercicio. Así o trasladou a Xunta, quen sinalou que todo iso supuxo que a comunidade teña que presentar un plan económico-financeiro.
Nun comunicado, a Consellería de Facenda destacou que se trata da primeira vez que Galicia pecha o exercicio con superávit por primeira vez nos últimos 16 anos, aínda que puntualizou que o documento "aínda non actualiza a cifra do superávit", que sitúa en 125 millóns de euros fronte ao cálculo incluído, de 104 millóns.
A pesar diso, xa se trasladou ao Ministerio a explicación técnica correspondente para "emendar ese erro", do mesmo xeito que a cifra de límite de débeda pública, que o texto sitúa nun cociente débeda/PIB o 18,0% a pesar de que o Banco de España xa a actualizou ao 18,1%.
Finalmente, Facenda engadiu que, ademais de evitar o plan económico-financeiro, Galicia beneficiarase "doutras vantaxes" derivadas do cumprimento, como o acceso ao Fondo de Facilidade Financeira, a concesión de avais a empresas ou contar cunha taxa de reposición máis elevada nas convocatorias de emprego público.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.