Feijóo reivindica o "galeguismo afable" de Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas

O presidente da Xunta reivindica o seu espírito "fraternal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a homenaxe á figura de Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas para reivindicar o seu espírito "fraternal" e o seu exemplo de galeguismo "afable" como parte dunha xeración que impulsou ideas para "cohesionar" as sociedades ao redor de puntos de encontro, que ás veces "son substituidas por outras que perseguen agudizar os antagonismos e exacerbar os conflitos".

Galicia celebra o legado de Fraguas con centos de actos e homenaxes
Galicia celebra o legado de Fraguas con centos de actos e homenaxes | Fonte: Fundación Antonio Fraguas.

"Fronte a esta tendencia contra a que ningún país está inmunizado, podemos recuperar os ensinos de Antonio Fraguas, construtor dunha Galicia que antes estaba fragmentada", defendeu, nun artigo remitido aos medios con motivo do 17 de maio.

Así, lembrou os "pioneiros" que recibiron o idioma "mediante o cordón umbilical dos afectos" e que sabían que esta convicción, de que a fala era "unha irmandade", nacería "un galeguismo afable" do que Fraguas era "un dos mellores expoñentes".

Fronte ao despotismo ilustrado "Fraguas é pobo", incide Feijóo, sinalando que o intelectual non se relacionaba cos galegos como mestre, senón como "discípulo". "E por iso é polo que en toda a súa obra se percibe un camiño que vai do particular ao universal".

Entre outros aspectos, lembrou que Fraguas contou cunha "perspectiva histórica fantástica" ao ser "un viaxeiro por case a totalidade do século XX" e que lle permitiu comprobar que feitos "que parecían perdurables" acabaron "sendo pasaxeiros", mentres outros "en aparencia modestos" se mantiveron "como faros no medio de todas as néboas".

"Un deles é precisamente o espírito fraterno", insistiu, apelando ás Irmandades da Fala e ao idioma como "un dos principais vínculos" que permiten a Galicia estar no mundo como un "nós".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gustavo

O "galeguismo afable" de quen foi represaliado e humillado tras do 36, facéndolle varrer, por exemplo, as ruas da Estrada, donde traballara de profesor e fora candidato á alcaldía, e desposuido do seu traballo de profesor. Todo moi amable, da parte dos amigos e inspiradores de Feijoo. Sinvergonza!

2 Fungar

Bilingüismo harmónico, galeguismo afable... Os do PPdG (franquismo neoliberal) sempre dándolle a volta a todo pra "domesticalo"... Hipócritas.

1 Bernardo

Este home, Alberto Núñez, antes era un hábil demagogo, agora semella aparvado.