Iván Ferreiro e Guadi Galego publican este venres o seu novo sinxelo 'Cedeira'

'Cedeira' será o primeiro sinxelo extraído do álbum "Inmersión", de Guadi Galego, que se estreará oficialmente o próximo mes de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Iván Ferreiro colabora en 'Cedeira', o novo sinxelo de Guadi Galego que o público poderá escoitar a partir deste venres, día 31 de maio. A canción, incluirase no disco 'Immersión', da cantante cedeirense.

'Cedeira' será o primeiro sinxelo extraído deste álbum, que se estreará oficialmente o próximo mes de outubro. Tal e como explica a promotora musical Promo Juke Box, "o disco 'Immersión' é unha reconstitución de si mesma", en alusión a Guadi Galego.

bÉ unha revisión en sete linguas afíns a Guadi, por territorio, cultura e emoción. Unha reinterpretación da súa propia música. Son once temas xa editados no seu tres últimos traballos e un tema inédito", explicou Promo Juke Box.

Ademais, a promotora sinala que "o disco foxe dos moldes e ábrese a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimentos". Todo isto, "por medio de múltiples colaboracións" e do "gran talento", da cantante natural de Cedeira.

Iván Ferreiro estréase en galego o 31 de maio con 'Cedeira', en colaboración con Guadi Galego. PROMO JUKE BOX
Iván Ferreiro estréase en galego o 31 de maio con 'Cedeira', en colaboración con Guadi Galego. PROMO JUKE BOX | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta