A raíña Letizia Ortiz visita a caseta da editorial galega Kalandraka na Feira do Libro de Madrid

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2019 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A raíña Letizia inaugurou este venres a Feira do Libro de Madrid cun percorrido por algunhas das súas casetas, entre elas a da editorial galega Kalandraka.

A raíña Letizia visita a caseta de Kalandraka na inauguración da Feira do Libro de Madrid. KALANDRAKA
A raíña Letizia visita a caseta de Kalandraka na inauguración da Feira do Libro de Madrid. KALANDRAKA | Fonte: Europa Press

Durante o paso da raíña de España por esta caseta, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, mostroulle unha selección da produción máis recente da editorial pontevedresa.

En especial, Letizia Ortiz interesouse polas obras de autores galegos, como 'Man de Camelle', de Carmen Hermo (Premio Gala do Libro 2019 de Ilustración); 'A Torre', de Antonio Sandoval na colección Vitamina N, ou 'Versos e viceversos', de Antonio García Teijeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta