Comeza o xuízo contra o ex-delegado da Xunta en Ourense por suposto fraude de fondos europeos

Rogelio Martínez está acusado de certificar unha obra non realizada cando aínda era alcalde de Arnoia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Arrinca o xuízo oral contra o ex-delegado da Xunta en Ourense, por suposto fraude de fondos europeos ao certificar unha obra non realizada cando aínda era alcalde de Arnoia. Vinte anos despois dos feitos, Rogelio Martínez sostén "as subvencións se destinaron para o fin indicado".

Xuízo a Rogelio Martínez e outros dez acusados
Xuízo a Rogelio Martínez e outros dez acusados | Fonte: Europa Press

A sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense sentou este luns no banco a Martínez xunto con outros 10 acusados, nunha primeira xornada na que as defensas tentaron que o tribunal arquive o caso ao considerar prescritos os delitos. Este martes, Mañá o xuíz resolverá se algún acusado queda fóra da causa.

Os feitos remóntanse a 1999, por mor da presentación dun proxecto de construción dunha planta de biomasa no Concello de Arnoia ao amparo do Plan Leader II, por un importe de 13 millóns de pesetas (78.131,57 euros) e que finalmente non se chegou a executar.

A Fiscalía entende que non existen indicios de delito, por tanto, o procedemento só conta coa acusación popular, encarnada na Asociación para o Progreso do Ribeiro e vinculada ao PSdeG.

Concretamente, é acusado polos delitos de prevaricación, malversación de fondos públicos, falsidade documental e fraude de subvencións. "Todos eles relacionados coa nefasta xestión de recursos públicos", sinalou o letrado da acusación, Jorge Arcos Álvarez.

"Estamos convencidos de que, tal e como dixo a Fiscalía desde o primeiro momento nos seus informes, non hai indicios delituosos e, en caso de habelos, estarían prescritos no momento de presentar a denuncia", declarou Rogelio Martínez, minutos antes da súa entrada na sala. Martínez manifestou que "en todo caso, a responsabilidade maior será de quen recibiu os fondos".

Por este motivo, quitouse toda culpa ao afirmar que el "o único" que fixo "foi concedelos, posto que existían informes e facturas que indicaban que o proxecto estaba executado". É máis, o ex-delegado abundou en que "por parte dos órganos intermediarios, tales como a Xunta de Galicia, non se fixo ningunha obxección a este asunto".

Así mesmo, mostrouse "confiado" en que a xustiza "porá fin a este episodio" que se dilata no tempo.

AS DEFENSAS PIDEN A PRESCRICIÓN

As defensas dos 11 acusados aproveitaron a quenda das cuestións previas, na primeira sesión do xuízo, para soster os argumentos polos que solicitan a prescrición dos delitos. Ademais, consideran que a acusación popular carece de lexitimidade ao estar sostida "nunha asociación constituída ad hoc e á que non se lle coñece ningunha outra actividade máis aló desta causa", e entenden que o que fai é "tapar a verdadeira intención dun partido político".

Os letrados encargados da defensa tamén fixeron fincapé en que a Fiscalía solicita o sobresemento.

Á súa vez, subliñaron que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación non apreciou a comisión de ningún tipo de delito. Por este motivo sostiveron que "non procede nin sequera continuar con esta causa".+

"UNIDADE DELITUOSA"

Pola súa banda, o letrado da acusación popular, Jorge Arcos, sostén que non cabe prescrición individual posto que "existe unha unidade delituosa e, nestes supostos, a causa prescribe de modo conxunto".

Á súa vez, manifestou que "para falar de prescrición é necesario ter a cualificación definitiva dos feitos" e que "á prescrición debe dárselle un tratamento excepcional".

O avogado explicouque o feito de que "se inicie un xuízo oral 20 anos despois de ocorridos os feitos obxecto de exuizamento denota de seu que fallou todo o procedemento".

De todos os xeitos, declarou que manteñen a acusación porque "hai indicios e así o dixo a propia Audiencia Provincial da comisión deses ilícitos penais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta