Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2019 | Actualizada ás 13:15
O expresidente do goberno José Luís Rodríguez participará este luns, día 10 de xuño, en Santiago de Compostela no ciclo "Os Luns do Ateneo" cunha conferencia que levará por título "Democracia é diálogo".
Diso informou o Ateneo de Santiago nun comunidado, no que destaca que o expresidente destacou pola súa capacidade para "limar as discrepancias ideolóxicas e persoais entre os seus compañeiros" e "sosegar os ambientes crispados": Licenciado en Dereito na Universidade de León en 1982, José Luís Rodríguez Zapatero foi elexido secretario xeral da Federación Socialista Leonesa en 1988 e secretario xeral do PSOE no ano 2000.
Tras gañar as eleccións en 2004, convertiuse no quinto presidente de goberno na democracia e constituiu, por primeira vez na historia, unha executiva paritaria entre homes e mulleres, tal e como destaca o Ateneo. Actualmente é presidente do Foro da Contratación Socialmente Responsable, dende que foi nomeado no 2016.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.