O Defensor del Pueblo lembra ás CCAA con lingua cooficial que os sinais de tráfico tamén deben estar en español

Fernández Marugán actuou tras a denuncia dun galego que reclamou non entender sinais de tráfico en catalán en Baleares.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/06/2019 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O Defensor del Pueblo lembrou no seu Informe Anual a obrigación das comunidades autónomas na que exista cooficialidade lingüística de cumprir da Lei de Tráfico que establece que "as indicacións escritas dos sinais expresaranse, polo menos, na lingua española oficial do Estado".

Para a institución que preside Francisco Fernández Marugán "é indubidable" a "claridade" do artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, que establece o uso do español na sinalización e lembra ás administracións "autonómicas e locais con competencias en materia de tráfico que "deben axustar a súa actuación a un escrupuloso cumprimento da legalidade".

No seu informe, Marugán menciona o caso da reclamación dun residente galego cuxo vehículo foi denunciado en tres ocasións polo Concello de Palma de Mallorca durante a súa estancia na cidade por estacionar nunha zona restrinxida. Este cidadán presentou a súa queixa ante o Defensor del Pueblo alegando que non entendía a sinalización por estar en catalán.

A pesar diso, a súa denuncia foi desestimada porque as fotografías achegadas para fundamentar a queixa evidenciaban que as indicacións do sinal eran "perfectamente comprensibles" para unha persoa que non falase catalán.

Sinal de tráfico en galego que está en Gondomar desde 1999
Sinal de tráfico en galego que está en Gondomar desde 1999 | Fonte: valminor.tv

"ENTENDESE"

"É incontestable que a indicación 'Àrea Circulació Restrinxida' e 'excepte autoritzats' correspóndese coa indicación en castelán de 'Área Circulación Restrinxida' e 'excepto autorizados', e que ditas expresións poden ser entendidas polo castelán falantes", alegou a institución que preside Francisco Fernández Marugán, a pesar do que se dirixiu ao Concello de Palma de Mallorca para lembrarlle "os seus deberes legais" e instarlle a "proceder á revisión das sancións impostas".

Tamén relacionado coas linguas cooficiais, Fernández Marugán retomou as actuacións iniciadas en 2013 con motivo dunha queixa recibida pola información contida no portal de Internet do Servei Catalá de Tránsit. Segundo consta no Informe Anual, a administración catalá traduciu recentemente o apartado da web que fai referencia aos trámites electrónicos dos expedientes sancionadores e transmitiu a Fernández Marugán a súa "vontade de facelo co resto da páxina".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anonimo 2

Com estas andamos, este é um vídeo do ano 2009 https://www.youtube.com/watch?v=OdK... “haber que quiere decir esto, STOP, que c*ño querrá decir STOP en el gallego”. E vamos a peor!!

1 En Suiza entendes?

Eu estiven en Grecia e enténdense perfectamente. Un sinal de prohibido aparcar é igual en todo o mundo, o lema escrito só é para clarificar e enténdese ata en cirílico. O problema non é ese, o problema son estes: Aparco porque me dá a gana e se me pillan busco algo para recorrer ou Son un individuo faacha e con un odio tremendo ao que non é español que recorro porque non os poido ver. De todos os xeitos como o que importa é o sinal, normalmente perden. En Suiza ou Alemaña tampouco entendían? Ah, non, que nos bons tempos ademais de pagar a multa ao mellor levaban unha patada no traseiro (literal, e moitos sábeno ben)