Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 12:59
O debate sobre o reintegracionismo está cada vez máis vivo. O papel que debe xogar Galicia e a súa lingua no mundo lusófono ten aberto apaixoados debates.
Os que están a prol do reintegracionismo argúen que favorece o contacto cultural e o desenvolvemento socioeconómico das dúas comunidades que falan galego e portugués, ademais de aportar argumentos históricos para a unificación ortográfica galego-portuguesa, contra a normalización oficial da lingua propia de Galicia e a súa "castelanización", defenden. Tamén consideran que daría máis peso internacional á nosa lingua, nunha comunidade, a lusófona, de máis de 260 millóns de persoas.
Os que se posicionan en contra argumentan, basicamente, que aínda que o galego e o portugués comparten unha mesma raíz, son dúas linguas diferenciadas e con entidade propia, froito dunha evolución histórica, polo que o reintegracionismo faría perder a identidade singular galega.
Aínda que a Real Academia Galega é partidaria da normartiva oficial actual, o seu presidente, Víctor Freixanes, lamentou recentemente a escasa implantación do portugués nos centros educativos galegos e reclamou unha maior presenza deste idioma nas escolas "como lingua irmá" para así "potenciar a proxección exterior" do galego.
Coa idea de coñecer o posicionamento dos nosos lectores, lanzamos esta enquisa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.