Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/06/2019 | Actualizada ás 14:21
O mozo apuñalado na mañá deste luns na Coruña atópase "fóra de perigo", mentres que o detido como presunto autor da agresión está a disposición da Policía Nacional.
Así o confirmou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que explicou, en declaracións a Europa Press, que, tras ser detido pola Policía Local, o presunto autor do apuñalamento pasou a disposición da Policía Nacional, que investiga o sucedido, para tomarlle declaración.
A rexedora cualificou de "lamentable" esta agresión rexistrada na cidade herculina coincidindo coa celebración das festas de San Xoán. Ademais, Inés Rey puntualizou que se investiga "a orixe da agresión", polo que pediu " prudencia" respecto diso da cualificación da mesma.
De feito, o colectivo Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (Ás Coruña) convocou ás 18,00 horas deste luns unha concentración na cidade herculina para mostrar a súa repulsa para a que consideran unha "agresión homófoba".
Fontes deste colectivo manifestaron que "non sorprende nada que suceda" e, á espera de que se confirme que se trata dunha agresión homófoba, avanzaron que convocan esta concentración no marco da "semana do Orgullo".
FEITOS
Os feitos tiveron lugar sobre as 8,00 horas deste luns na rúa Alfredo Vicenti, confluencia coa rúa Riazor, no marco dunha pelexa, orixinada por unha discusión entre dúas persoas, na que un individuo lle cravou un coitelo a outro na perna.
Debido a este incidente, foron mobilizados axentes da Policía Local, persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Policía Nacional, que investiga os feitos. En concreto, ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada que evacuou ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña ao ferido por arma branca, J.F.M.D.A., de 25 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.