A emigración galega vai cara outros lugares do Estado

O saldo de retornados do estranxeiro é positivo, mentres que a emigración cara outras comunidades é negativo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Un total de 6.705 galegos --con nacionalidade española-- retornaron do estranxeiro á Comunidade en 2018, fronte aos 4.150 que se marcharon no mesmo período. Estes datos positivos contrastan coa senda negativa na marcha de persoas con nacionalidade española cara a outras comunidades, xa que se van de Galicia 74.190 fronte aos 73.834 que chegan, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, a Xunta destaca que é o quinto ano consecutivo con crecemento na chegada de retornados, un 8% máis, que é de case un 50% máis no últimos tres anos. Dos 6.705 que volveron en 2018, un 80% ten menos de 65 anos. Na última década son máis de 40.000 galegos os que regresaron do estranxeiro, destaca o Goberno galego.

Venezuela volve ser en 2018 o país do que proceden un maior número de galegos retornados (2.517), seguida de Suíza (723), Brasil (393), Estados Unidos (345) e Reino Unido (333). Estes datos compleméntanse cos publicados esta semana polo INE nos que se arroxaba un saldo migratorio total positivo en 2018 de 12.884.

Avión de Aer Lingus. AER LINGUS
Avión de Aer Lingus. AER LINGUS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta