ETA xa non existe

Estes días hai unha gran "indignación" entre os autodenominados "constitucionalistas", en primeira orde a "señora" Ines Arrimadas que xunto ao seu consorte político, Albert Rivera, e á ultradereita parecen ser os propietarios da identidade Española e da súa Constitución, aínda que día tras dia pisotean esa mesma Constitución que falsamente din defender.

Por Carlos González Armada | Ferrol | 01/07/2019

Comparte esta noticia
O artigo 25 da Constitución Española di que: "As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas cara á reeducación e reinserción social do penado"....isto é, a Constitución di que alguén que comete un delito deberá ser "castigado" coas penas que impón a lei, (se é necesario a privación de liberdade), e que dita privación de liberdade estará encamiñada á reinserción social do penado 
 
O artigo 14 desa mesma constitucion que parece ser un libro sacro di: "os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social"....por tanto un penado que cumpriu a súa condena segundo as leis será igual, e terá os mesmos dereitos que os demais cidadáns españois 
 
En definitiva, se aos señores de Cidadáns, Partido Popular e VOX, non lles gusta a Constitución o que deben facer é tentar cambiala, pero mentres non se fai deberán cumprila...ou isto só é aplicable aos  politicos de Catalunya?
 
ETA xa non existe, e é unha gran noticia, nunca debeu existir, pero é pasado, por iso que uns farsantes que se engurran propietarios do constitucionalismo ouríñen e defequen encima da Constitución segundo lles interése, non só dá noxo, senón que produce  indignacion 
 
ETA xa non existe e Bildu é un partido legal, con representantes no Congreso dos Deputados, no Senado, no Parlamento Vasco e concelleiros nos municipios. Que Televisión Española entreviste o secretario xeral de  Bildu é algo normal dentro dunha democracia plena...un pouco máis normal do que é poder chegar a ter nun parlamento a un  bocachanclas que manifesta que as únicas relacións sexuais seguras para un home son cunha prostituta porque un "gatillazo" podería levarche ao cárcere 
 
Son contrario a ETA, saín a manifestarme contra eles decenas de veces, defendín a súa desaparición, e por iso vexo moi lamentable que cada vez que falo de Otegi teña que explicar que non defendo a ETA. É lamentable porque condeno os atentados e as barbaridades que cometeron, porque sempre estiven na súa contra, e ter que estar a xustificar unha e outra vez por que creo que  Otegui  ten dereito a ser entrevistado é unha anomalía dunha democracia que presume, ou quere facelo, de democracia plena 
 
A pregunta sería porque Manuel Fraga que foi ministro de Franco, (un xenocida recoñecido internacionalmente), puido participar en politica con normalidade cando se lle podia achacar ser complice de centos de asasinatos, ou porque Inés Arrimadas filla dun recoñecido franquista, posible cómplice de asasinatos, e coa sua mesma ideoloxía, pode facelo hoxe en día....e isto mesmo podería aplicarse a decenas de políticos 
 
Alguén dos que se sente tan indignado pola entrevista de Otegui en TVE podria explicar porque eles, ou algúns de eles e dos seus compañeiros non condenaron os crimes cometidos durante a ditadura franquista, ou porque unha parte deles opóñense a restituír a memoria das vítimas do terrorismo de estado Franquista 
 
Eses mesmos que non condenan os crimes franquistas pero que se arroupan coa Constitución como unha sorte de texto sacro, revelado e incuestionable, son os que desde hai anos están a baleirar de contido a propia Constitución Española, saltándose á toureira os artigos que non lles conveñen e utilizando contra rivais políticos os que lles interesan 
 
ETA xa non existe e non é necesario revivila nin lembrala, como quen di aos nenos " portate ben que vén o coco". ETA xa non existe e os vascos que transitaron polo seu interior e xa se reinseriron teñen os mesmos dereitos de todos. 
 

Comunicado de disolución de ETA
Comunicado de disolución de ETA | Fonte: ekin
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA