Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2019 | Actualizada ás 20:20
O Concello da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo destacaron este martes a súa intención de conseguir que esta tradición centenaria obteña a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial.
Este reto foi lanzado polo presidente da asociación, Henrique Bazal, durante unha visita realizada ao curro xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde da Estrada, José López, entre outras autoridades.
Bazal destacou que a Rapa das Bestas de Sabucedo é unha "icona importante de Galicia" e manifestou o compromiso da entidade que preside en traballar para "que sexa unha celebración máis acorde cos tempos actuais".
Pola súa banda, o conselleiro erixiu este evento en "referente cultural" que une tradición con turismo e asegurou que é "máis que unha festa". Así, destacou que supón unha demostración de respecto cara aos animais e o monte", unha "reunión interxeracional e interpoboacional" e unha "exaltación desta tradición ancestral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.