O Concello de Santiago asegura que a oferta de Losa para Cineuropa aínda non está excluída e o proceso segue aberto

Losa incluiu no CD a proposta técnica e a económica cando tiñan que estar separadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago asegurou este mércores que a oferta do director e un dos impulsores do festival Cineuropa, José Luís Losa, aínda non está excluída, polo que o proceso para optar á organización do evento segue aberto despois dun "erro" formal na presentación dos documentos.

Así o explicou en rolda de prensa o concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte, quen sinala que "o proceso aínda está aberto e a mesa de contratación non tomou aínda ningunha decisión" e segue "traballando no tema". Segundo publicou El Correo Gajlego, "a candidatura de Losa incluíu no CD a proposta técnica e tamén a económica, que debe ir nun sobre á parte e abrirse despois de valorar a primeira. Desta forma, cando a mesa de contratación procedeu á apertura das plicas e apreciou o fallo, procedeu a excluír a súa candidatura do concurso".

A preguntas da prensa, engadiu que "por encima de todo hai que cumprir coas normas, por moi lamentables que poidan ser as consecuencias". Á súa vez, Guinarte aclarou que este procedemento de licitación viña "herdado" do anterior goberno e "xa estaba en tramitación" cando o actual goberno municipal tomou posesión, polo que houbo que "continuar cun procedemento administrativo regulado".

Esta situación desatou críticas por parte de sectores culturais pola "forma burocrática" de levar estas cuestións. Ademais, este ano presentouse outra candidatura, a da Tropa Produce, organizadores dos Premios Feroz. Segundo trasladaron por parte do Concello a Europa Press, está previsto que este venres se reúna a mesa de contratación co fin de avanzar no proceso.

O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO
O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta