Unha galega á conquista do Pacífico: Por fin Tahití, a fin da viaxe

Maite Rojo é patroa de barco. Logo de atravesar o Atlántico gobernando un veleiro, agora comeza unha nova aventura no Pacífico. Na sección "Dominando os mares" irá contando o seu día a día desta súa nova travesía mariña que a levará polo Caribe, a canle de Panamá, Galápagos, Marquesas e Polinesia.

Por Galicia Confidencial | Tahití | 08/07/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

Como xa vos contara, chegamos a Nuku Hiva, que pertence ás Illas Marquesas e é a illa máis poboada. Ainda así non hai case nada e os barco que se atopan fondeados na zona, axúdanse os uns aos outros a reparar e conseguir cousas. Coma nós... que tiñamos problemas de auga e outro barco tivo que prestarnos os seus bidóns.

Atolon de Rangiroa, na Polinesia francesa
Atolon de Rangiroa, na Polinesia francesa | Fonte: Maite Rojo

Un belga de case 70 anos e que navega en solitario dende o Caribe (con problemas de espalda e de Parkinson, ademais) ven a ofrecernos froita recén collida e acabamos tendo unha conversa de varias horas oói interesante. Estas son as marabillas de navegar a sitios remotos, que aínda nos quedan por coñecer.

Cambiamos a outra Baía para coñecer un pouco a illa, e logo de encher máis os tanques de combustible ( tamém de xarra en xarra), comunicamo por radio a nosa saída. Partimos da Bahia de Taiohae cara a Manihi nas Illas de Tuamoto.

Quedan unhas 480 millas e voltamos a nosa rotina de navegar, gardas, durmir, comer ... Encántame a xinxeleza do mundo e da vida así, aínda que xá levamos dous meses fora da casa e se botan en falta moitas cousas.

Ao día seguinte, chega a miña garda ás catro da tarde e xa queda só menos da metade do percorrido; 220 milkas a unha média de 8,6 nós. Todo ben e poñendonos fortes cunhas sesións de exercicios cada día, cando a boa mar nolo permite.

Maite nunha das illas da Polinesia Francesa
Maite nunha das illas da Polinesia Francesa | Fonte: remitida

Segue o calor e os caldeiros de auga salgada para refrescarse, porque aínda que temoos os tanques cheos temos que reducir o consumo. Cando me levanto, despois da miña garda de noite e de intentar durmir coa escora que levamos ( acabas nun lado da cama sen poder moverte), decidimos cambiar de rumbo porque chegariamos de noite, e non temos moita información da zona, polo que non temos claro a profundidade coas pequenas mareas. A seguridade é o primeiro, así que continuamos cara Raingiroa que é o que está no noso camiño. Tamém no archipelago Tuamoto.

Cando xa faltan 100 millas, quedan unhas 10 horas para chegar, o vento subiu e surfeamos as ondas coma uns profesionais. Para cando estamos na entrada do Passe Avatoru, na entrada da Illa, aínda noite son as 5 da mañán. Facemos tempo ata o mencer.

EN RANGIROA

Rangiroa é un dos atolóns máis grande do mundo. A entrada deixanos sen palabras. O interior é tan grande que asemella que estamos en mar aberto outra vez. Hai 40 millas dunha costa á outra. Levarianos catro horas ou máis cruzar, cando o pensamos quedamos abraiados.

Dentro da laguna crianse ostras de perlas negras. Espectacular aínda que todo é carísimo.
Botamos fondo e despois de arranxar e limpar o que podemos no barco, aproveitamos para un día de respiro. Con todo, non descansamos moito. Imos de mergullo, nadar e aproveitar as suas claras augas turquesas. A visibilidade pode ser duns 20 a 40 metros e a cantidade de especies que se poden ver, o fan un dos lugares mais impresionantes no que xamais estiven a practicar o mergullo.Teñen unha zona á que lle chaman o acuario, donde os mergulhadores novos practican. Só con poñer a cara na auga poden verse mais de 20 especies. Galápagos ten moita fauna pero a visibilidade e as cores deste sítio para min non teñen comparación.

CAMIÑO A TAHITI

O día seguinte, reforzados e cun sorriso pero con pena de marchar, saímos cara a Papeete, na illa de Tahiti nas Illas de Sociedade ( Society Islands). A falta de vento, fainos poñer o motor todo o tempo cara alá. Hai unhas 200 millas é case sen darnos conta chegamos o día seguinte pola tardiña.

O shock, despois de tanto tempo no mar e de sitios tan remotos é xigantesco. Chegamos a unha marina, na que atracamos por primeira vez en 6.200 millas, despois de contactar por radio pedindo permiso para a entrada. Unha persona de seguridade ven botar a bronca, con moi malos modais é sen ningunha razón.Avisannos que non abandonemos o barco porque rouban moito na zona.

Tráfico, ruído, polución, xente tirada nas rúas ... Benvidos á civilización!!!. Coma Bernard Moitessier un dos mellores navegantes da histaria, dá ganas de dar media volta e ir cara o mar outra vez.

De seguro a illa é preciosa, coas suas montañas, verdes de todas as gamas e praias famosas pola prática do surf. Mais a cidade deixome decepcionada. Cun par de días para poñer o barco en orden, chegamos o mesmo tempo de ver como festexan a sua independencia dende 1946. Seguen a receber axuda de Francia pero teñen o seu próprio goberno.

Así rematar miña aventura e o meu traballo neste barco, no que mañán collo un avión a primeira hora. Bo dirección a Paris pasando por Estados Unidos. É o bo que teñen os sítios turísticos.
Estou encantada de ter enviado as miñas histórias a Galicia Confidencial é espero que teñades disfrutado tanto lendo coma eu escribindo estas liñas.

Graciñas a mares e ata outra.

Mar de peixes na Polinesia francesa
Mar de peixes na Polinesia francesa | Fonte: Maite Rojo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta