Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2019 | Actualizada ás 21:25
Este venres o colectivo de celadores e celadoras organiza unha protesta en todos os centros hospitalarios de Galicia á marxe dos sindicatos. Denuncian a precarización das súas condicións laborais. É unha nova manifestación que se suma ás protagonizadas por médicas e enfermeiras e que poñen en serios apuros á sanidade pública galega.
Con todo, o presidente da Xunta, tentou esquivar as responsabilidades do seu goberno nesta nova protesta e dixo que o Sergas “negocia nunha mesa sindical” cos sindicatos. Unha mesa sindical, lembrou, na que están todas as centrais "excepto dúas”, en alusión a CIG e CC.OO. Como a mobilización está convocada á marxe dos sindicatos, Feijóo quixo, deste xeito restar importancia a esta nova manifestación. “Pode haber colectivos que amosen as súas reivindicacións pero esas cousas hai que velas na mesa sectorial de sanidade que é onde se ven todas as reivindicacións”, apuntou.
“O nosos interlocutores son as organizacións sindicais . Nós xa chegamos a acordos con cinco dos sindicatos. Temos unha comisión de seguimento e levamos estas cuestións a esa comisión”, respondeu tras ser preguntado por Galicia Confidencial sobre estas novas mobilizacións na sanidade pública.
Así, lembrou que no marco desta mesa sindical aprobouse xa un contrato de continuidade para os médicos de familia de Atención Primaria e tamén outro contrato de tres anos para o sector da enfarmaría mentres non saquen praza nas ofertas públicas de emprego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.