A primeira edición da 'Noite de Galicia' clausurou un Festival de Ortigueira ao que asistiron 80.000 persoas

A organización destaca a edición deste ano do festival como "a mellor dos últimos anos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira despediuse ata o próximo ano o pasado domingo coa primeira edición da 'Noite de Galicia', na que grupos da comunidade galega puxeron o broche a unha cita que congregou a 80.000 persoas na localidade do norte da provincia da Coruña.

Unha edición, a número 41, que foi cualificada como "a mellor dos últimos anos" por visitantes, hostaleiros e veciños, segundo destaca a organización un comunicado de prensa no que fan balance do catro días de festival, nos que non se produciron incidencias nin altercados de orde pública.

As actuacións da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, Tanxugueiras, Leilía e Andrés Penabad Band --protagonistas da 'Noite de Galicia-- pecharon a programación sobre o escenario Estrela Galicia, polo que pasaron desde o xoves bandas como Gwendall, Moving Hearts ou Shoogleninfty.

Horas antes, na mañá do domingo, as rúas de Ortigueira acolleron o tradicional desfile de bandas das nacións celtas, que congregou tal afluencia de público que obrigou á organización a delimitar unha zona na Alameda.

Por primeira vez na súa historia, o concurso de bandas emerxentes 'Proxecto Runas' rexistrou un empate. Así, os xaponeses Yuki Kojima Band e os galegos Dequenvessendo foron distinguidos como os mellores polo xurado e actuarán en Ortigueira 2020, ademais de facerse respectivamente cos 3.000 euros de premio.

Por último, a organización celebra "a boa convivencia, o civismo e o respecto co medio" por parte do público que acampou no piñeiral da praia de Morouzos, "outro dos aspectos que cada ano melloran", segundo as opinións solicitadas polo festival.

Escenario principal do Festival de Ortigueira, na súa edición do ano 2019
Escenario principal do Festival de Ortigueira, na súa edición do ano 2019 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xosé lois

o festival excelente gran nivel musical e moi bo ambiente, os grupos deron o mellor de si, o que supuxo que o público conectase con eles. en canto ao desfile das bandas boa idea que remate na zona dos concertos, ademáis eu os subiria ao escenario, tamén poderiase ter música ambiente dende o escenario ou calquer outro lugar namentras non hai ningunha actividade.