As matemáticas ao servizo do medio ambiente e seguridade nas estradas

Matemáticos galegos buscan o trazado "óptimo" de estradas e vías para recudir custos económicos e ambientais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Un congreso que terá lugar do 22 ao 24 de xullo en Santiago de Compostela acollerá a presentación dos traballos de varios matemáticos galegos que avanzan na optimización do deseño de estradas e vías férreas para reducir custos económicos e ambientais.

Este primeiro Congreso sobre Transferencia entre Matemáticas e Industria (CTMI 2019), está promovido polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial e está participado polo tres universidades galegas, en colaboración coa Rede Española Matemática-Industria.

Segundo informou o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, durante o CTMI 2019 daranse a coñecer avances significativos no campo da matemática industrial. Así, como experiencia de éxito presentarase o proxecto de deseño óptimo dun desvío ferroviario en Parga (parroquia do municipio lucense de Guitiriz), desenvolvemento por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Este equipo traballa desde hai varios anos nunha liña de investigación centrada na optimización do deseño de estradas e vías férreas aplicando as matemáticas. En concreto, buscan o traxecto óptimo entre dous puntos, minimizando custos de tipo económico, de construción e ambientais. Ao mesmo tempo, teñen en cuneta outro tipo de aspectos como que a nova vía non atravese poboacións ou que se eviten edificios.

PASOS A NIVEL

Un dos investigadores do equipo é Miguel Vázquez-Méndez, quen sinala que para minimizar os accidentes pola existencia de pasos a nivel, nos últimos anos Adif realizou numerosas accións como cercar as vías do tren e remplazar estes pasos por pontes ou espazos subterráneos que permiten o tránsito de vehículos e peóns. Con todo, segundo sinala, estas accións poden afectar de forma negativa a aspectos importantes do territorio.

Este é o caso, conforme indicou, de Parga, onde os veciños crearon unha plataforma para buscar alternativas ao proxecto de Adif, que pretende suprimir os pasos a nivel coa construción dun paso subterráneo para vehículos.

Fronte a esta proposta, solicitan un desvío ferroviario que bordee a área urbana, sacando a vía do pobo para non dividilo en dous. Así, a plataforma veciñal encargoulle un estadio ao equipo da USC, que deseñou unha variante ferroviaria que cumpre coas normas técnicas e é óptima desde o punto de vista económico.

Empalme de Lanzá, na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mesía
Empalme de Lanzá, na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mesía | Fonte: Google Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta